domingo, 14 de outubro de 2018

Facendo xabón.

O noso comedor escolar non é soamente ese lugar ao que se vai a comer a mediodía… No noso comedor non só comemos, tamén axudamos e educamos, que tamén é moi importante.
Aquí tedes una mostra do que vos estamos a decir:
As nosas cociñeras ensinando aos alumnos de 4º de ESO a facer xabón con aceite usado. Este xabón artesano venderano estes alumnos para recaudar fondos para a Excursión de Fin de Curso. 










sábado, 9 de setembro de 2017

Menú de Setembro 2017

Velaquí o menú do mes de Setembro.

Recorde que lles proporcionamos aos alumnos unha copia dos menús no inicio de cada mes ou trimestre. 
Se vostede perdeu ou non recibiu dita copia pode descarga picando no seguinte enlace
MENÚ SETEMBRO

martes, 30 de maio de 2017

Receitas fáciles en francés.

Os alumnos de francés de 3º da ESO están moi interesados en descubrir receitas típicas francesas. Algún "cocinillas" hai por alí...
Picade na seguinte foto para ver receitas moi fáciles. Están en francés, pero son faciles à comprendre.

http://ochoiodocole.blogspot.com.es/
Remi e Paul Bocuse, o mellor e máis coñecido chef de Francia.

martes, 16 de maio de 2017

A facer exercicio!

Onte foi o Día da Bicicleta e no noso cole os profes de Educación Física, Andújar e Roberto,  organizáronnos unha actividade para concienciarnos da necesidade de facer exercicio físico.
Primeiro invitamos aos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria de Currelos a xuntarse a nos. Estiveron cos seus compañeiros de curso polas clases facendo convivencia e despois comeron no Comedor.


E pola tarde salimos todos coas biblicletas por Escairón, primeiro a facer una pequeña ruta e despois a facer varios xogos en dúas rodas.
Xa sabedes, a tomar exemplo!





venres, 5 de maio de 2017

Dando exemplo.

Velaquí as nosas cociñeiras: Esther, Susa e Mercedes, sempre implicadas na alimentación equilibrada dos nosos nenos.
 
E non solo nos fan uns platos moi sanos e se implican en conseguir que os nenos e nenas (e os maiores tamén 😀)coman ben, senón que moitas veces van mais alá.
Desta volta, Susa estivo a colaborar en varias clases de Educación Física do profe Andújar ensinándolles pasos de bailes de salón aos alumnos de cuarto de ESO, posto que dentro da súa programación teñen que traballalo. 
E, que mellor exemplo?
 
 

xoves, 27 de abril de 2017

Nutrición: é cousa seria!

Hola a todos, inauguramos este blog no día de hoxe aproveitando que tivemos no noso cole unha serie de actividades relacionadas coa Nutrición, levadas a cabo por Esperanza Otero, funcionaria de Sanidade que coordina proxectos Educativos, sobre todo Clases sen fume,  e Orión Aguilar, estudiante de Nutrición. Contamos tamén coa presenza de Luisa Abraira,  Xefa do Servizo de alertas Epidemiolóxicas de Sanidade da provincia de Lugo.
A primeira actividade foi unha charla informativa que se converteu nunha mesa redonda á que asistiron varios pais, as cociñeiras do centro e algúns profesores. Quedaron solucionadas bastantes dúbidas que tiñamos... E tamén nos felicitaron polo traballo que estamos a facer a nivel comedor escolar en prol da alimentación sana e equilibrada.


Despois fíxose unha charla para 5º, 6º de Primaria e para 1º e 2º de ESO. Falouse tamén sobre nutrición e alimentación saudable. Os nenos plantexaron moitas dudas que tiñan.
Os ponentes fixeron fincapé no privilexio que supón vivir no rural pòla facilidade de dispoñer de productos naturais e sen procesar, moitas veces de elaboración propia.



E finalmente foron as aulas de Infantil a repartirlles uns salvamanteis editados pola Consellería de Sanidade que lles recorda a cantidade de froitas e verduras que teñen que tomar diariamente para ter un equilibrio nutricional.
Dende logo, foi unha actividade moi proveitosa!